Saturday 04 de May de 2024

Diputación e Concello levan a cabo melloras na estrada Cambre – Temple



Houbo accidentes de tráfico nese punto do vial pola abundante auga e a perda de adherencia

A Deputación da Coruña arranxará o firme da estrada DP-1706 Cambre-Temple por mor dos sinistros que tiveron lugar este ano neste punto negro do vial. Segundo os técnicos, o asfalto perdeu adherencia o que facilitou a saída da vía de varios coches durante o inverno.

Segundo o alcalde de Cambre, Oscar García Patino, a reparación do firme nesa pendente é prioritária e agradece a Deputación que xá en inverno comprometeuse a reparalo via.

A empresa contratada pola Deputación comezará o traballo de reparación do firme mañá venres coa instalación dunha capa de microaglomerado que lle dará maior seguridade á calzada.

Por outra banda, consensuouse unha obra paralela no mesmo lugar para mellorar a rede de abastecemento na zona, obra que está a piques de terminar. Neste momento a obra encargada polo concello pretende cruzar o vial cunha nova tubaxe que mellore a rede de abastecemento na Barcala.